"Ao albor do centenario da IV Asemblea Nacionalista, que fora celebrada en Lugo nun novembro de 1918, un fato de estudantes galegos conscientes da situación de esmorecemento material e espiritual da nosa Terra, damos decididamente un paso adiante na constitución dunha ferramenta que nos permita reconciliar a mocidade galega e a sociedade galega en xeral, co ideal máis noble que se pode defender hoxe en día; a reivindicación da personalidade e autonomía integral de Galicia como nación".
Así comeza o noso manifesto fundacional, un berro esperanzado nun deserto político no que Galicia esmorece política e moralmente, esquecida en debates alleos ao país.
Hai tempo xa que o estudantado e a sociedade galega reclaman unha resposta aos fondos deficits da nosa Terra, volver a debater o país, volver a facer Galicia, artellala ao fin.
Compre que ese desexo se vexa consumado na universidade, por iso un grupo de mozos con e sen abscripción partidista, decidimos dar un paso firme para a constitución da organización do estudantado galeguista.
Irmandade Galega, é unha resposta galega, sen apelidos nin complexos aos retos do século XXI, sen dependencias alleas nin partidistas que quere axuntar aos mozos e reconcilialos coas numerosas causas que o país reclama hoxe.
Con esta convicción o comité nacional de IGU, acordou lanzar ao público a asociación nun acto aberto que se prevé, terá lugar na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade compostelá, ás 18:30. En breve darémosvos maís información.
Saúde e Terra, irmáns!

Comentarios
Publicar un comentario