Saltar ao contido principal

MANIFESTO

Manifesto de Irmandade Galega.

"Artellar Galiza"

Ao albor do centenario da IV Asemblea Nacionalista, que fora celebrada en Lugo nun novembro de 1918, un fato de estudantes galegos conscientes da situación de esmorecemento material e espiritual da nosa Terra, damos decididamente un paso adiante na constitución dunha ferramenta que nos permita reconciliar a mocidade galega e a sociedade galega en xeral, co ideal máis noble que se pode defender hoxe en día; a reivindicación da personalidade e autonomía integral de Galiza como nación.
Fronte a visión dunha Galiza subsidiada e dependente daqueles que interesadamente defenden a dependencia moral e material da nosa Terra, nós defendemos unha Galiza construida en col do propio ser do noso pobo, sen renunciar a ningún elemento dos que constituen a nosa personalidade máis fonda e identificadora, pero sen esquecer o anceio e o espírito de superación dun pobo que sempre soubo defenderse por si mesmo.

Partimos do feito de que Galiza ten todas as características esenciais dunha nacionalidade, e non precisa do recoñecemento material de ningún corpo teórico para constituir unha unidade autosuficiente e decididamente capacitada a dotar ao noso pobo dos medios suficientes para medrar e vivir nun mundo do século XXI como galegos.
Somos aínda así tamén conscientes do feito de que Galiza non ten ningunha ferramenta útil na defenda dun galeguismo como corpus ideolóxico autónomo de idearios interesados en desdebuxar a personalidade nacional, centrando a atención dos colectivos máis activos da sociedade en loitas que nada teñen que ver co futuro e a pervivencia da noso país. "Ser diferente é eisistir", dixera Risco. Nunca, como hoxe o noso pobo se atopou tan próximo do cantil que supón caer nunha sorte de desaparición dos nosos sinais de identidade e conciencia social de que como país temos problemas aos que non responden os actores políticos organizados no país.

A loita pola Terra, é hoxe máis que nunca unha loita de toma de conciencia, fronte a tradicional loita do nacionalismo organizado, centrada nos procedementos electorais. Aínda hoxe non existe en Galiza unha maioría social concienciada de que os nosos problemas non lle importan a ninguén máis que a nós mesmos, e que as solucións para eles só virán da man do pobo galego.
É indubidábel o feito de que cada pobo ten o seu espírito, e Galiza ten o seu propio espírito, este componse, da propia Terra matricial, dos mitos, das lendas, da fala, das crenzas, dos xeitos, das necesidades e dos tempos. Ninguén foi quen até o día de hoxe de conectar co fondo espírito galego que inunda a cada compatriota, ninguén foi quen de usar productivamente o sentir propio que os galegos sentimos, para mellorar a nosa vida.
Hoxe nace esta Irmandade Galega baixo a éxida da Universidade compostelá, deseada Atenas de Galiza dos homes de Nós, disipadora das tebras nas que os movementos que reivindicamos o país poderíamos caer de non exitir esta agulla esclarecedora dos destinos polos cales debe avanzar a nos a Terra.

Queremos abrir un espazo aberto a sociedade galega tutelado polos máis novos, os herdeiros de Galiza, para evitar caer de novo no erro de afanarnos en debates que nada teñen que ver cos problemas da Terra. Queremos rachar as cadeas do puritanismo, daqueles que xa elixiron outros camiños, outras teorías e ideoloxías que son alleas ao país, daqueles que xa caeron na dialectica do enfrontamento entre irmáns e que nunha loita política pretenden enfrontar a uns galego con outros.
Para que a nosa proposta sexa útil debe ser ante todo e por riba de todo unha resposta galega, pois para avanzar cara unha Galiza máis próspera o noso acción debe ser un compromiso primeiramente e netamente galeguista, pois de pouco servirá un discurso que como uns versos só cheguen a aquel para quenes foron escritos. A nosa palabra debe ser un berro de esperanza que calle na Terra como as raices dos carballos que dan verde a nosa Terra, e como as súas raices nós xunguimonos a ela para escoitar o seu fondo sentir e defender o seu futuro, con unha mocidade galega que loite confiada por artellar a Galiza que onte soñaron Risco, Cuevillas, Otero Pedrayo, Castelao, Alfredo Brañas, Rosalía de Castro e milleiros de Galegos que coma ti lector deste manifesto sentían Galiza como un anaco de si mesmos.

Hoxe máis que nunca precisamos que Galiza se lembre de que é Galiza.
                                                 
                                                                                                          Saúde e Terra, irmáns
                                                             Santiago de Compostela 22 de Novembro de 2018.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Preséntase IGU, a asociación do estudantado galeguista.

Cun acto na facultade de Ciencias Políticas, presentábase esta nova asociación estudantil, que se declara herdeira do galeguismo histórico. Este martes 11 de Decembro presentábase no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, unha nova asociaciación estudantil Irmandade Galega Universitaria IGU. O acto comezou ás 18:30, coa intervención de Manuel martínez o presidente desta nova organización que definiu a IGU como "organización estudantil herdeira do galeguismo hitórico e do nacionalismo das Irmandades da Fala e a Xeración Nós". Do mesmo xeito lembrou a importancia de centrar o debate político e académico en Galiza e nos problemas que atinxen ao país. así mesmo aseverou que "o galeguismo é o mellor antídoto contra os extremismos alleos". Anunciouse novas actividades e conferencias e reafirmouse o compromiso apartidista desta nova organización. O acto proseguiu conha conferencia-coloquio, que segun a directiva da asociación terá máis edic

Nace Irmandade Galega Universitaria.

"A o albor do centenario da IV Asemblea Nacionalista, que fora celebrada en Lugo nun novembro de 1918, un fato de estudantes galegos conscientes da situación de esmorecemento material e espiritual da nosa Terra, damos decididamente un paso adiante na constitución dunha ferramenta que nos permita reconciliar a mocidade galega e a sociedade galega en xeral, co ideal máis noble que se pode defender hoxe en día; a reivindicación da personalidade e autonomía integral de Galicia como nación". Así comeza o noso manifesto fundacional, un berro esperanzado nun deserto político no que Galicia esmorece política e moralmente, esquecida en debates alleos ao país.  Hai tempo xa que o estudantado e a sociedade galega reclaman unha resposta aos fondos deficits da nosa Terra, volver a debater o país, volver a facer Galicia, artellala ao fin. Compre que ese desexo se vexa consumado na universidade, por iso un grupo de mozos con e sen abscripción partidista, decidimos dar un paso firme para

Irmandade Galega, fai un balance positivo da súa actividade durante o curso académico 2018-2019.

Para moitos comezan as vacacións de verán, dende IGU toca facer balance do feito durante estos sete meses de vida, e os logros non poden ser máis que satisfactorios. IGU naceu o pasado 22 de novembro do pasado ano co firme obxectivo de sermos unha voz alternativa no panorama estudantil e organizativo para a mocidade galega. A día de hoxe podemos dicir que consolidamos a única organización estudantil galeguista verdadeiramente transversal de toda Galicia. Conferencia O futuro do nacionalismo galego a cargo de Anxo Quintana  xunto a Saúl Freire e Manuel Martínez Realizamos dúas conferencias nas que contamos coa inestimable presenza dun histórico da política galega, o profesor Xosé Luís Barreiro Rivas , que centrou a súa conferencia Cara onde vai a política galega  no analise das perspectivas de futuro do galeguismo político, o fenómeno de Coalición Galega no que participou, e os retos en materia de autogoberno que aínda quedan por acometer. Tivemos o inmenso honor de organiza