Saltar ao contido principal

Irmandade Galega, fai un balance positivo da súa actividade durante o curso académico 2018-2019.

Para moitos comezan as vacacións de verán, dende IGU toca facer balance do feito durante estos sete meses de vida, e os logros non poden ser máis que satisfactorios.
IGU naceu o pasado 22 de novembro do pasado ano co firme obxectivo de sermos unha voz alternativa no panorama estudantil e organizativo para a mocidade galega.
A día de hoxe podemos dicir que consolidamos a única organización estudantil galeguista verdadeiramente transversal de toda Galicia.

Conferencia O futuro do nacionalismo galego a cargo de Anxo Quintana 
xunto a Saúl Freire e Manuel Martínez
Realizamos dúas conferencias nas que contamos coa inestimable presenza dun histórico da política galega, o profesor Xosé Luís Barreiro Rivas, que centrou a súa conferencia Cara onde vai a política galega no analise das perspectivas de futuro do galeguismo político, o fenómeno de Coalición Galega no que participou, e os retos en materia de autogoberno que aínda quedan por acometer.

Tivemos o inmenso honor de organizar o regreso de Anxo Quintana a universidade coa palestra O Futuro do Nacionalismo Galego no cal analizou os avances en materia política e social logrados polo bipartito, no que participou como vicepresidente da Xunta. Tamén aportou a súa visión sobre o futuro do nacionalismo galego e cales son as claves para consolidar un país con futuro.

En materia política IGU, está firmemente comprometida co avance político e social de Galicia, e non renuncia a acción política, entendendo está como irrenunciable xunto a laboura de reflexión académica e teórica, para consolidar alternativas de país e profundamente galeguista. É por isto que estamos en disposición de anunciar que a partir de septembro retomaremos este ciclo de conferencias, palestras e debates con outras persoas que pensemos que poden aportar o seu grao de area para a reflexión e a acción colectiva.


Xosé Luís Barreiro xunto a Manuel Martínez.

Se entramos no terreo organizativo, IGU conformou nestes sete meses un equipo de homes e mulleres con e sen militancia política capaces de representar toda a diversidade propia do movemento galeguista, facendo de IGU en palabras do seu presidente Manuel Martínez "unha ferramenta ao servizo do país e para facer país".

IGU está firmemente comprometida no terreo da representación estudantil, tendo agrupación e representación nas Xuntas de Facultade de Ciencias Políticas, Dereito, Medicina, Enfermería... entre outras, e está presente no Claustro da USC con dous representantes que levan alí a voz do estudantado.

Nos próximos meses seguiremos traballando na consolidación da Casa Grande do Galeguismo na universidade e entre a mocidade, un espazo aberto e tolerante, progresista e transversal, ao servizo dos intereses e causas galegas.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Preséntase IGU, a asociación do estudantado galeguista.

Cun acto na facultade de Ciencias Políticas, presentábase esta nova asociación estudantil, que se declara herdeira do galeguismo histórico. Este martes 11 de Decembro presentábase no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, unha nova asociaciación estudantil Irmandade Galega Universitaria IGU. O acto comezou ás 18:30, coa intervención de Manuel martínez o presidente desta nova organización que definiu a IGU como "organización estudantil herdeira do galeguismo hitórico e do nacionalismo das Irmandades da Fala e a Xeración Nós". Do mesmo xeito lembrou a importancia de centrar o debate político e académico en Galiza e nos problemas que atinxen ao país. así mesmo aseverou que "o galeguismo é o mellor antídoto contra os extremismos alleos". Anunciouse novas actividades e conferencias e reafirmouse o compromiso apartidista desta nova organización. O acto proseguiu conha conferencia-coloquio, que segun a directiva da asociación terá máis edic

Nace Irmandade Galega Universitaria.

"A o albor do centenario da IV Asemblea Nacionalista, que fora celebrada en Lugo nun novembro de 1918, un fato de estudantes galegos conscientes da situación de esmorecemento material e espiritual da nosa Terra, damos decididamente un paso adiante na constitución dunha ferramenta que nos permita reconciliar a mocidade galega e a sociedade galega en xeral, co ideal máis noble que se pode defender hoxe en día; a reivindicación da personalidade e autonomía integral de Galicia como nación". Así comeza o noso manifesto fundacional, un berro esperanzado nun deserto político no que Galicia esmorece política e moralmente, esquecida en debates alleos ao país.  Hai tempo xa que o estudantado e a sociedade galega reclaman unha resposta aos fondos deficits da nosa Terra, volver a debater o país, volver a facer Galicia, artellala ao fin. Compre que ese desexo se vexa consumado na universidade, por iso un grupo de mozos con e sen abscripción partidista, decidimos dar un paso firme para