Saltar ao contido principal

QUEN SOMOS?

Un grupo de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, conscientes do esquecemento ao que é sometido o noso país no mundo académico e movidos pola nosa profunda convicción galeguista, decidimos por en común unha serie de fundamentos para constituir a ferramenta que hoxe é Irmandade Galega na universidade.



Irmandade Galega Universitaria IGU, é a canle de representación do estudantado galego que sente dun xeito especial ao país e as súas necesidades e demandas. Movidos polo nosos principios compartidos aspiramos a construir a casa común de todos os galeguistas na universidade.

Entre os nosos obxectivos están:

1. Recuperar a centralidade dos problemas de Galicia para o debate académico e as demandas estudantís.

2. A defensa do caracter nacional de Galicia, así como a súa identidade, lingua e as costumes do noso pobo.

3. A defensa dunha universidade galega, moderna e aberta ao mundo, competitiva e ao nivel das mellores universidades de Europa e do mundo.

4. Defensa da democratización das canles de representatividade estudantil no seo da universidade galega.

5. A centralidade do alumno e dos seus problemas nas actividades diarias de IGU.

6. A conformación de un ambiente crítico e informativo das cuestións que afectan a sociedade galega.

7. A divulgación do pensamento dos grandes pensadores nacionalistas históricos e especialmente da hoxe esquecida Xeración Nós.

8. A total independencia da representación estudantil respecto dos partidos políticos operantes no país.

9. A defensa dun galeguismo transversal que comparte unha maioría social de mozos galegos.

10. A participación activa do alumnado en toda canta actividade académica e cultural se desenvolva ou desenvolvamos na universidade.


Este decálogo é un resumo dos fundamentos que informan a acción de Irmandade Galega, na universidade galega, a partir de eles queremos construir a casa común de todos os mozos e mozas que poñen ao país como eixo central da súa preocupación política.

Hoxe máis que nunca convén IGU.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Preséntase IGU, a asociación do estudantado galeguista.

Cun acto na facultade de Ciencias Políticas, presentábase esta nova asociación estudantil, que se declara herdeira do galeguismo histórico. Este martes 11 de Decembro presentábase no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, unha nova asociaciación estudantil Irmandade Galega Universitaria IGU. O acto comezou ás 18:30, coa intervención de Manuel martínez o presidente desta nova organización que definiu a IGU como "organización estudantil herdeira do galeguismo hitórico e do nacionalismo das Irmandades da Fala e a Xeración Nós". Do mesmo xeito lembrou a importancia de centrar o debate político e académico en Galiza e nos problemas que atinxen ao país. así mesmo aseverou que "o galeguismo é o mellor antídoto contra os extremismos alleos". Anunciouse novas actividades e conferencias e reafirmouse o compromiso apartidista desta nova organización. O acto proseguiu conha conferencia-coloquio, que segun a directiva da asociación terá máis edic

Nace Irmandade Galega Universitaria.

"A o albor do centenario da IV Asemblea Nacionalista, que fora celebrada en Lugo nun novembro de 1918, un fato de estudantes galegos conscientes da situación de esmorecemento material e espiritual da nosa Terra, damos decididamente un paso adiante na constitución dunha ferramenta que nos permita reconciliar a mocidade galega e a sociedade galega en xeral, co ideal máis noble que se pode defender hoxe en día; a reivindicación da personalidade e autonomía integral de Galicia como nación". Así comeza o noso manifesto fundacional, un berro esperanzado nun deserto político no que Galicia esmorece política e moralmente, esquecida en debates alleos ao país.  Hai tempo xa que o estudantado e a sociedade galega reclaman unha resposta aos fondos deficits da nosa Terra, volver a debater o país, volver a facer Galicia, artellala ao fin. Compre que ese desexo se vexa consumado na universidade, por iso un grupo de mozos con e sen abscripción partidista, decidimos dar un paso firme para

Irmandade Galega, fai un balance positivo da súa actividade durante o curso académico 2018-2019.

Para moitos comezan as vacacións de verán, dende IGU toca facer balance do feito durante estos sete meses de vida, e os logros non poden ser máis que satisfactorios. IGU naceu o pasado 22 de novembro do pasado ano co firme obxectivo de sermos unha voz alternativa no panorama estudantil e organizativo para a mocidade galega. A día de hoxe podemos dicir que consolidamos a única organización estudantil galeguista verdadeiramente transversal de toda Galicia. Conferencia O futuro do nacionalismo galego a cargo de Anxo Quintana  xunto a Saúl Freire e Manuel Martínez Realizamos dúas conferencias nas que contamos coa inestimable presenza dun histórico da política galega, o profesor Xosé Luís Barreiro Rivas , que centrou a súa conferencia Cara onde vai a política galega  no analise das perspectivas de futuro do galeguismo político, o fenómeno de Coalición Galega no que participou, e os retos en materia de autogoberno que aínda quedan por acometer. Tivemos o inmenso honor de organiza