Cun acto na facultade de Ciencias Políticas, presentábase esta nova asociación estudantil, que se declara herdeira do galeguismo histórico.
Este martes 11 de Decembro presentábase no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, unha nova asociaciación estudantil Irmandade Galega Universitaria IGU.
O acto comezou ás 18:30, coa intervención de Manuel martínez o presidente desta nova organización que definiu a IGU como "organización estudantil herdeira do galeguismo hitórico e do nacionalismo das Irmandades da Fala e a Xeración Nós". Do mesmo xeito lembrou a importancia de centrar o debate político e académico en Galiza e nos problemas que atinxen ao país. así mesmo aseverou que "o galeguismo é o mellor antídoto contra os extremismos alleos". Anunciouse novas actividades e conferencias e reafirmouse o compromiso apartidista desta nova organización.
O acto proseguiu conha conferencia-coloquio, que segun a directiva da asociación terá máis edicións con novos poñentes nos vindeiros meses, a cargo do profesor Xosé Luís Barreiro Rivas, que fixo un percurso histórico polo sistema de partidos de Galicia, centrándose especialmente no papel do nacionalismo e analizando o seu paso pola política. Tivo especial interés para o público o seu análise sobre o tripartito, o "Pacto dos Tilos" e as organizacións de Coalición Galega e Partido Nacionalista Galego, respectivamente.
Así mesmo o acto concluiu cunha quenda de preguntas e o compromiso dos membros da asociación de participar activamente nas canles de representación estudantil das universidades galegas e a vida cultural e política do país.
Comentarios
Publicar un comentario